3. VALOR DE LA COMUNICACIÓN COMO VALOR DE MERCADO.

Camilo Franco (Periodista)
19/ Abril /2012


Subasta de arte en Christies



Valor da comunicación como valor de mercado
Camilo Franco
Periodista
Case todo é comunicación. O mercado tamén. Temos tendencia a interpretar o mercado como un espazo tanxible, no que se intercambian obxectos por diñeiro ou obxectos por outros obxectos. Así foi. Pero o mercado manobra na actualidade con moitos máis intanxibles, con elementos que poden ser definidos como imaxe de marca, prestixio, presenza pública, fama e todos eles dependen en gran medida da comunicación e das súas capacidades.

Se falamos de arte, de artistas os intanxibles son, a día de hoxe, moitos máis. En máis dun sentido, unha das necesidades da arte é comunicar. No sentido poético e no sentido social. Polo tanto a comunicación é un elemento esencial no valor artístico e, despois, un elemento non menos esencial en engadir valor de mercado a unha obra artística. Case tanto como a especulación.

Trátase de afondar neses dou camiños comunicacionais, un primeiro que utiliza elementos poéticos, argumentais, artísticos e un segundo valor que, en moitos casos, tenta traducir os valores primeiros en valores de mercado. Afondaremos máis no segundo, sobre todo porque xa estamos moi cerca de entender sociedade e mercado como se fosen a mesma cousa. Porque a arte, en especial a contemporánea, manéxase cada vez máis lonxe do obxecto, máis cerca do intelecto e canto menos obxectual é máis precisa da comunicación. Para isto tamén hai estratexias: as de proximidade, destinadas a públicos concretos, e as que precisan de certa maquinaria mediática.

O argumento de fondo ben podería ser que a arte non escapa ás normas, caprichosas, que decide o mercado. Ás veces as disfruta e as véces padéceas. E nun salto acrobático aínda poderíamos falar da prima de risco na arte.

Camilo Franco

 (Ourense, 1963) É xornalista cultural vinculado a La Voz de Galicia desde finais da década dos oitenta. Entre outros cometidos, ten no seu labor a crítica de arte e de teatro. É colaborador do programa “Diario Cultural” da Radio Galega desde 1988. Na súa traxectoria como narrador figuran as obras A lúa no cénit e outros textos (Ediciós do Castro), En malos pasos (Edicións Xerais de Galicia), Por conto alleo (Editorial Galaxia a partir dunha experiencia en Internet) e Palabras contadas (Edicións Xerais de Galicia), e proxectos en rede como Por conto alleo e Necesariamente X publicados en Vieiros. Foi comisario da exposición Paralelo 42 na Casa da Parra e autor da mostra individual Palabras Contadas na Fundación Luís Seoane (2007) en colaboración con Miguel Mosquera, a partires do libro homónimo editado por Xerais. Publicou o primeiro folletín político do Facebook, Balada triste de moqueta. É membro da comisión de artes visuais do Consello da Cultura Galega.


BIBLIOGRAFÍA

ADLER, LARISSA . Redes sociales, cultura y poder. FLACSO. México DF. 2001.
BONI, FEDERICO. Teoría de los medios de comunicación. AGGA. Barcelona 2008.
CALDERÓN, FERNANDO. SALCINES, L.A. Autoedición. Santander. 1977.
FREY, BRUNO. La economía del arte. Servei d’Etudis La Caixa. Barcelona. 2000.
PALLEIRO. M.A. Arte, comunicación y tradición. Dunken. Buenos Aires. 2004
LINDEMANN, ADAM. Collecting contemporary. Taschen. Londres. 2006.
SHAKESPARE, WILLIAM. La tempestad. Cátedra. Madrid 1994.
SÁNCHEZ HERRERA, J. Nuevas tendencias de la comunicación. Esic. 2010